Sunday 28 de April de 2024

O Mago Romarís enche o auditorio da casa da cultura


O Mago Romarís deixou pequeno o auditorio da casa da cultura. A súa actuación, englobada dentro da programación ‘Unha viaxe pola cultura’, trasladouse a este espazo debido á ameaza de chuvia que durante a tarde de onte persistiu en Ordes. Todo o público asistente, composto tanto por nenos, nenas como por persoas adultas, quedou abraiado cos números inexplicables que tanta sona lle dan a este ilusionista. Non será o único espectáculo de maxia do que se poida desfrutar esta tempada en Ordes, xa que ‘O vagón móbil do Mago Antón’ estará na vila o vindeiro venres, 12 de agosto.